Nin guerra, nin OTAN, nin gastos militares. Paz e Soberanía.

En medio da exaltación españolista e militarista deste fin de semana en Vigo, coa celebración do chamado «Día das Forzas Armadas», o pobo galego demostrou máis unha vez a súa posición histórica a favor da paz, do antiimperialismo e da soberanía dos pobos cunha multitudinaria manifestación que percorreu o centro da cidade mentres, na praia de Samil, o exército español facía exibicións belicistas de desembarco anfibio e medios aéreos.

A continuación reprodúcese o manifesto lido no final da manifestación.

Manifesto contra a militarización / Galiza pola Paz