Que é a Plataforma Galiza pola Paz?

A Plataforma Galiza pola Paz foi presentada públicamente o día 2 de abril de 2025 polas organizacións que aderen ao manifesto «Galiza pola Paz».

Ten como precedente a Plataforma Galega contra a OTAN, xurdida en 2022 para dar resposta de país á cimeira da OTAN en Madrid, e reformúlase a partir de aí cun carácter máis abranxente e máis urxente, ante os anuncios de investimentos militares e a escalada belicista.

O obxectivo principal da Plataforma Galiza pola Paz é a loita por un futuro de paz para Galiza fronte á dinámica belicista imposta polo imperialismo e fronte ás políticas de rearmamento que pretenden a Unión Europea e o Estado español. 

Ademáis, a Plataforma rexeita o uso de infraestruras e equipamentos en territorio galego para dar soporte á OTAN, a entrega colonial de recursos naturais galegos para alimentar a maquinaria militar e o intento de facer pasar o expolio destes recursos como unha política de reindustrialización. 

A Plataforma prevé unha serie de actividades e accións divulgativas da verdadeira ameaza que constitúen os discursos militaristas, e fai un chamamento ao pobo galego a mobilizarse contra o militarismo, contra a OTAN e contra a guerra, e ás entidades e organizacións do tecido social do país a adherir á Plataforma. 

Organizacións integradas

  • Árgoma Cultural
  • Asociación A Trastenda
  • Asociación Abeiro pola Protección Animal
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
  • Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  • Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e Recreativa Agra
  • Associaçom Cultural Artábria
  • Associaçom José Afonso – Galiza
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG)
  • Colectivo Feminista Deza-Tabeirós
  • Comité Antifascista da Lourinha
  • Comité Anti-OTAN de Compostela
  • Comité Anti-OTAN de Lugo
  • Comunismo Revolucionário Galego
  • Confederación Intersindical Galega (CIG)
  • Erguer – Estudantes da Galiza
  • Federación Rural Galega (FRUGA)
  • Fundación Galiza Sempre
  • Galiza Nova
  • Galiza por Palestina
  • Isca!
  • Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
  • Marcha Mundial das Mulleres (MMM)
  • Mocidade Galega pola Memoria
  • Movemento Arredista
  • Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG)
  • Partido Comunista pola República Galega (PCRG)
  • Unión da Mocidade Galega (UMG)
  • Unión do Povo Galego (UPG)
  • Vía Galega