Apoia a manifestación nacional Galiza con Palestina – Resistencia, liberdade e paz

Galiza con Palestina — Resistencia, Liberdade e Paz

Domingo, 4 de outubro de 2026, ás 12h, na Alameda de Compostela

Chamamento de organizacións e entidades galegas á Manifestación Nacional

Tres anos despois do inicio do xenocidio do pobo palestino en Gaza, a un ano do falso Plan de Paz anunciado o 10 de outubro de 2025, e cando se cumpren 78 anos de ocupación da Palestina coa complicidade dos aliados do sionismo e a pasividade da chamada comunidade internacional, as entidades asinantes:

  1. Denunciamos que, malia o anuncio dun Plan de Paz en outubro de 2025, os ataques de Israel contra a poboación civil de Gaza non cesaron: segundo Nacións Unidas, máis de 1.300 persoas palestinas foron asasinadas e máis de 4.400 feridas desde a entrada en vigor do acordo. Denunciamos igualmente a intensificación da violencia colona e as expulsións forzadas na Cisxordania ocupada. 
  2. Exiximos un alto o fogo real: cesamento total dos ataques, abertura plena e permanente de todos os pasos fronteirizos, fin do bloqueo e entrada masiva e sen trabas de axuda humanitaria, auga, combustíbel e material sanitario e educativo. 
  3. Exiximos unha investigación exhaustiva e independente do xenocidio e dos crimes contra a humanidade cometidos por Israel, en liña coas conclusións da Comisión de Investigación da ONU, que en 2025 xa cualificou os feitos como xenocidio, e apoiamos sen reservas o proceso aberto ante a Corte Internacional de Xustiza. 
  4. Condenamos a complicidade da Unión Europea e dos seus estados membros cos intereses do sionismo. Malia as declaracións públicas e os anuncios de “plans de paz” impulsados por terceiros Estados, a UE mantén practicamente inalteradas as súas relacións comerciais e diplomáticas coa entidade sionista. 
  5. Exiximos da Unión Europea a suspensión inmediata e efectiva do Acordo de Asociación e de todas as relacións preferentes con Israel, mentres non cesen as violacións do dereito internacional. 
  6. Denunciamos o incremento do gasto militar e os plans para favorecer a chamada “economía de guerra”, que implica o desvío de fondos sociais para armamento e en última instancia só serve para nos empobrecer. 
  7. Exiximos do Estado español que, alén de conferencias internacionais e palabras de recoñecemento formal do Estado, faga efectiva a ruptura das relacións comerciais e militares coa entidade xenocida —incluída a venda e tránsito de armamento— e que impulse activamente medidas de rendición de contas a nivel internacional. 
  8. Exiximos o fin da lei mordaza e das medidas de represión do Estado español contra a solidariedade e a defensa dos dereitos humanos. A denuncia dos crimes do sionismo e do xenocidio do pobo palestino non é antisemitismo! 
  9. Exiximos da Xunta de Galiza que deixe de se pór de perfil e tome postura clara na defensa da legalidade internacional, cancelando calquera relación institucional, comercial ou de cooperación que manteña, directa ou indirectamente, con entidades cómplices da ocupación. 
  10. Exiximos a aplicación plena do dereito internacional, en particular o dereito de autodeterminación do pobo palestino en toda a Palestina, do río Xordán ao mar Mediterráneo, e o dereito ao retorno de todas as persoas refuxiadas. Urxe impedir que o falso cesar-fogo sirva para perpetuar o bloqueo e a fragmentación territorial, permitir novos planos de desprazamento demográfico, e que Israel continúe a roubar terras, colonizar a Cisxordania e manter estruturas de apartheid sobre todo un pobo.


Por todo isto, chamamos a participar na manifestación nacional e encher as rúas de Compostela o vindeiro domingo 4 de outubro coa solidariedade galega, a denunciar o incumprimento do alto o fogo e a exixir o fin da ocupación da Palestina.

Galiza con Palestina!
Resistencia, liberdade e Paz para Palestina.

Palestina libre do río ao mar!

 

Envía o teu apoio aquí (organizacións, entidades e colectivos)

Asinantes a 30/09/2026

  1. A Gentalha do Pichel
  2. A Pedreira
  3. Árgoma Cultural
  4. Asociación A Trastenda
  5. Asociación Abeiro pola Protección Animal
  6. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA
  7. Anticapitalistas Galiza
  8. Asemblea Antiimperialista de Compostela
  9. Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  10. Asociación Cultural Pedra
  11. Asociación Cultural Vagalumes
  12. Associaçom Cultural Artábria
  13. Associaçom José Afonso – Galiza
  14. Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e Recreativa Agra
  15. Bamad Galicia
  16. Bloque Nacionalista Galego – BNG
  17. Colectivo Feminista Deza-Tabeirós
  18. Comadres das Letras
  19. Comité Antifascista da Lourinha
  20. Comité Anti-OTAN de Compostela
  21. Comité Anti-OTAN de Lugo
  22. Comunismo Revolucionário Galego
  23. Confederación Intersindical Galega (CIG)
  24. Coordenadora Antifascista do Bierzo
  25. Culturactiva
  26. Erguer. Estudantes da Galiza
  27. Escolas de Ensino Galego Semente
  28. Federación Galiza Cultura
  29. Federación Rural Galega – FRUGA
  30. Foro Galego de Inmigración
  31. Fundación Galiza Sempre
  32. Galiza Nova
  33. Galiza por Palestina
  34. Intifada Cultural Galiza
  35. Isca!
  36. Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
  37. Marcha Mundial das Mulleres
  38. Mocidade Galega pola Memoria
  39. Movemento Arredista
  40. Mulheres Nacionalistas Galegas – MNG
  41. Pallas@s en Rebeldía
  42. Partido Comunista pola República Galega – PCRG
  43. Pé de Millo
  44. Plataforma Galiza pola Paz
  45. Sanidade Galega con Palestina
  46. Sección Xuvenil de ARELAS
  47. Sociedade Cultural e Deportiva do Condado
  48. Unión da Mocidade Galega – UMG
  49. Unión do Povo Galego – UPG
  50. Verdegaia
  51. Vía Galega
  52. Xarda Sociedade Cooperativa Galega