Presentada a manifestación Paz e Soberanía

«Nin guerra, nin OTAN nin gastos militares. Paz e soberanía» é o lema da manifestación nacional que a plataforma Galiza pola Paz anunciou hoxe en roda de prensa en Vigo, e que se celebrará o día 30 de maio coincidindo cos actos centrais do chamado Día das Forzas Armadas (DIFAS 2026) que o goberno español celebrará este ano na cidade galega cun enorme desembarco de militares, armas e vehículos de guerra.

A continuación podes ver o vídeo-resumo da roda de prensa ofrecida polos portavoces da plataforma, Marta Romero e Rafa Vilar.